:: As axudas do IGAPE a firmas barbanzanas incrementáronse nun 1200% no 2009
O conselleiro de Industria mantivo un encontro con empresarios da zona para coñecer as súas inquietudes
A anunciada visita do conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, a Boiro para participar nunhas xornadas organizadas pola Federación de Empresarios do Barbanza (FEB) despertou unha gran expectación, de modo que á hora prevista o salón de actos do centro social boirense estaba cheo a rebosar. Había moito interese entre os autónomos barbanzanos por coñocer as liñas de axuda que o Igape puxo en marcha para este ano e que Guerra explicou con detalle despois de facer un pequeno balance do pasado exercicio. Un dato dos máis destacados correspóndese coas axudas concedidas a empresarios da comarca: durante o 2009 as solicitudes atendidas incrementáronse un 1260% con respecto ao 2008.
Aínda que chamativo, este apunte apenas supuxo o inicio da charla do conselleiro, que pronto pasou a enumerar o que realmente interesaba aos empresarios reunidos no centro social: as liñas de financiación para este ano.
Para empezar, Javier Guerra falou de cales son os obxectivos do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para este ano. Así, as catro liñas de axudas a disposición dos empresarios buscan, en primeiro lugar, facilitar os procesos administrativos para reducir o tempo de resposta entre as solicitudes e a concesión das axudas; o segundo eixo da política da consellería é o mantemento das liñas de financiación. en terceiro lugar, trátase de mellorar a competividade das compañías «pero sin ser interventores, no vamos a entrar en el capital de las empresas»; por último, búscase facilitar a internacionalización.
Igapex
Aproveitando a ocasión, e falando da internacionalización, o conselleiro tocou o tema da exportación e adiantou a creación, nun futuro próximo, dun instituto galego dedicado en exclusiva ás vendas no exterior denominado Igapex.
Logo, a intervención do responsable do departamento autonómico de Economía e Industria centrouse nos plans de financiación, sobre todo ás pequenas empresas e ó comercio, «que por primera vez vamos a considerar dentro de las líneas de ayuda del Igape». De feito, e visto o visto no coloquio posterior á charla, esta foi unha das cuestións que máis interesou ós autónomos barbanzanos.
Neste sentido, Javier Guerra mostrou a súa preocupación porque o Igape ten en marcha dúas liñas de financiación dotados con importantes partidas presupostarias que, sen embargo, non están tendo acollida entre os empresarios: «Desconocemos el porqué, pero estos planes no están funcionando a pesar de que, en el caso de las Pemes, avalamos hasta el 90% del crédito. No podemos dar más facilidades y, sin embargo, apenas tenemos solicitudes. Puede ser que el error esté en que no se haya informado adecuadamente de estas iniciativas, por eso estamos hoy aquí».
Logo tocoulle aos empresarios barbanzanos plantexar as súas preguntas, relacionadas sobre todo cos plans de financiación. Neste sentido, o conselleiro insistiu en que aqueles que se encontren con trabas para acceder a créditos a través das iniciativas do Igape «deben decirlo porque, si no, no podremos solucionar el problema».
Tamén falouse do comercio, un sector «que nos preocupa y que es el más difícil de esta consellería».Guerra anunciou unha nova lei «para intentar darle sentido a las rebajas y que esto no sea la ley de la selva» e advertiu aos comerciantes de que «mientras no se supere la crisis del consumo, lo vamos a pasar mal».

