feba

A Federación de Empresarios do Barbanza é unha Asociación Empresarial sen ánimo de lucro que, con sede na vila de Boiro, nace no ano 1989 cos obxectivos fundamentais de promociona-la comarca, tanto dende o punto de vista do fomento empresarial como da potenciación dun turismo racional de calidade e non estacional.

Forman parte da FEB un total de once asociacións locais (Padrón-Rois-Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Porto do Son, Noia, Outes, Muros, Carnota e Mazaricos) e unha comarcal sectorial (Centro Empresarial da Construcción do Barbanza) o que lle confire un carácter inter-comarcal, ó estar repartidas entre as comarcas de Barbanza, Sar, Noia e Muros.

A Federación móvese nun contorno próximo ós 140.000 habitantes, censados nos concellos xa mencionados e que na realidade supera os 170.000, tendo en conta os non censados, chegando esta cifra a incrementarse nos meses estivais, estimándose unha poboación flotante de 220.000 habitantes.

A FEB é mebro da Confederación de Empresarios da Coruña e por extensión da Confederación de Empresarios de Galicia.

Tamén é membro da Federación Provincial de Comercio da Coruña e por extensión da Federación Galega de Comercio, e o seu presidente é vocal da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela.

A Federación de Empresarios do Barbanza caracterizouse desde os seus inicios en administrar e dirixir as expectativas das distintas asociacións, cos obxectivos de formar ó empresariado nas novas tecnoloxías, así como a implementación de actividades que redunden en beneficio do comercio e da pequena e mediana empresa.